BVG Atrás Índice de Páxinas |
Aires d'a miña terra |
||
"Ós mozos" |
m5currosenriquezairesdaminhaterra012.html
[p. 80]
ÓS MOZOS
¡Qué triste está a aldea,
Que triste é que sola!
A terra sin frutos, a feira sin xente,
Sin brazos o campo,
Sin nenos á escola,
Sin sol o hourizonte, sin fror a semente!
A pedra y-as nubes
A sembra arrasando,
Agoiran un ano de fame sombría;
Sin pan os labregos,
Nin herba pr'o gando,
¿Qué vay á ser d'éles n'a crua invernía?
Manadas famentas
De lobos montesos
Baixaron d 'as chouzas n'a noite calada.
[p. 81]
E, postos en ringla,
C'os ollos acesos
Acenan d'os probes pr'a porta pechada...
Moziños honrados
De sangue bravía,
Si ó mal d' os petrucios non fordes alleos,
Librádeos d'a morte,
¡Facéy montería
N'os lobos d'a terra, n'os lobos d'os ceos!
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |